Espectaculares agasallos nos sorteos exclusivos entre os asistentes

CLUB BALONCESTO CULLEREDO
13 de abril de 2023


As xornadas do 15 e 22 de abril serán días especiáis no Pabellón de O Burgo, serán partidos decisivos para o CB Culleredo na súa loita polo ascenso a Liga EBA.


O clube quere premiar a fidelidade dos seus seguidores con sorteos exclusivos para todos aqueles que asistan ós partidos.


Entre os agasallos a sortear contaremos con:

_ 3 patinetes eléctricos cortesía dos nosos colaboradores Feuvert e Primera Linea.

_ 2 estancias de unha noite nunha casa de turismo rural  para dúas persoas cortesía do noso colaborador Naturlar.

_ 1 camiseta de Alberto Corbacho firmada.

_ 1 balón firmado pola plantilla.

_ 1 desconto do 50% para o campus AC33 Alberto Corbacho cortesía de AC33 Campus.


¿Cómo podo participar?

Os asistentes aos partidos recibirán 1 rifa de participación por cada consumición que fagan no bar.

A maiores, os asistentes tamén poderán mercar rifas extra a prezo de 2€, ou tres rifas por 5€.


¿Cando se farán os sorteos?

Os sorteos terán lugar ó longo das xornadas.

O primeiro realizaráse a mañá do sábado 15, no descanso do segundo partido e haberá un segundo sorteo pola tarde, de novo no descanso do segundo partido.

O último sorteo realizaráse o sábado 22 na final.


Moita sorte a todos!

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar